Publicacións

Porfesores de apoio (PT e AL)

Nas seguintes ligazóns deixámosvos a entrevista que se realizou a unha madre do colexio na radio e en prensa sobre as necesidades de profesores de apoio no CEIP Emilia Pardo Bazán.  Dende o Anpa apoiamos totalmente esta reivindicación e temos trasladado toda a información a Federación de Anpas que nos indica que ten solicitado unha reunión co Xefe Territorial de Educación para tratar esta reivindicación http://www.lavozdegalicia.es/ noticia/coruna/coruna/2015/09/ 29/hijo-tapando-boca/0003_ 201509H29C5992.htm https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0MnNyNElvdHlubm8/view?usp=sharing

POE + DEPORTE NO CENTRO

A Federación de Anpas ven de indicar que las actividades de POE e Deporte no Centro comezarán o día 1, polo que este xoves 1 xa haberá Divermates e Pequeciencias no Colexio azul. O venres 2 comezará Music & play e o luns 5 Xogos. Para o martes 6 queda o inicio de Exprésate.

Piscina. Información

Boas noites, Mañá o local do Anpa estará aberto de 9:00 a 10:00 para recoller e entregar, xa cubertas e pagando o importe correspondente, as solicitudes de piscina dado que quedaron prazas vacantes. Abrirase o local únicamente para este fin.

Axudas/vales para material escolar

O  CEIP informa: A partires de mañá martes, día 15 de setembro de 2015, as familias do alumnado que teña presentado a súa  solicitude ata o pasado venres día 11-09-2015, poderá pasar pola Secretaría do colexio a recoller o correspondente vale de material escolar. Para o resto de solicitudes farase a entrega do vale de material escolar a primeiros de outubro.

Biblioteca. Información

En resposta ás dúbidas plantexadas, a dirección do centro sinala o seguinte: A biblioteca escolar non estará aberta para o alumnado ata o día 13 de outubro de 2015.  Únicamente estará aberta aos efectos daquel alumnado de comedor que os seus pais se retrasen na súa recollida ás 16:00 horas (de martes a venres). En todo caso, o Anpa tentará que a biblioteca (aínda que sexa só como aula de estudio,...) ou outro espazo se abra os luns. Para o anterior e para axudar nas festas, actividades, etc, agradeceríamos ter unha lista de voluntarios (xa temos algúns!!!), para o que podedes remitir os datos de contacto ao mail do Anpa.

Listen & speak

Bós días, Logo de confirmar coa dirección do colexio que esté ano se ofertará o programa Listen & Speak, deixámosvos a ligazón na que o libro dixital do concello inclúe o programa Listen & speak.  http://edu.coruna.es/ga/libro_ dixital_2015_2016/programas_ educativos_do_servizo_ municipal_de_educacion/coruna_ linguas/listen_and_speak O horario previsto é: 3º e 4º de primaria das 16.00 ás 17.00h. 5º e 6º de primaria das 17.00 ás 18.00h. A dirección do centro sinala que se aproveitará algunha das aulas do colexio azul (previsiblemente de acordo coa tipoloxía de actividades e a ocupación actual algunha das aulas da planta superior). O prazo de inscrición é do 10 ao 25 de setembro e a solicitude faise on line de acordo co formulario que se recolle na mesma ligazón.  Lembrade que o ANPA non xestiona este programa, só vos trasladamos a información

Programas Coruña Educa 2015-2016 (Concello)

Esta mañá ven de publicar o Concello de A Coruña na súa páxina Web a información dos programas, así como as súas fichas de inscrición: http://edu.coruna.es/ga/libro_ dixital_2015_2016