Publicacións

TALLERES DE ORIGAMI E CALIGRAFÍA XAPONESA - PALEXCO E QUIOSCO ALFONSO. MAIO 2014

Imaxe

Bolsas de pícnic para as excursións

Neste trimestre todas as clases farán as excursións de fin de curso. Cando hai excursións nas que @s nen@s teñen que levar a comida, para @s que acoden normalmente a comedor a empresa  Jardanay  prepara unhas bolsas de pícnic e lévaas ao colexio pola mañá. O pícnic consiste nun bocadillo, peza de froita, lácteo, auga e algo doce.

Contacontos solidario

Como sabedes, no cole recóllense tapóns para colaborar coa Fundación  Síndrome de West.  O  sábado 3 de maio ,  ás   17.30 , na cafetería  Ancar  en Emilio González 3, nos Rosales,  haberá un contacontos para dar a coñecer aos nen@s  a existencia das enfermidades raras e a importancia da investigación. Non hai que pagar entrada, ao finalizar quen queira pode comprar o conto, que custa 10 euros, sen ánimo de lucro.

XVII CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO 2014 "CANDILEJAS DON BOSCO"

Imaxe
Desde o 11  de  abril  ata  o  14  de  xuño.  ENTRADA   LIBRE  e  GRATUITA. Centro Calvo Sotelo. O día   27  de  maio ,  martes , ás  19:30 h., un grupo de 60 actores  e  actrices  de  diferentes  cursos  do colexio representarán a segunda  edición  da  obra  "O Crebanoces", que quedara pendente  do  curso  anterior. Máis información na revista dixital do colexio e na web  www.certamendeteatrocandilejasdonbosco.blogspot.com.es

Programación deportiva Primavera 2014

Na web do Concello da Coruña ( neste enlace ) podedes atopar toda a programación deportiva para a primavera 2014, incluíndo actividades para a Semana Santa.

Marea verde para todos

Imaxe

Comunicado sobre os libros de texto

Imaxe
O  CONSELLEIRO ANUNCIA O MANTEMENTO DOS  LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO EN CONCORDANCIA COA RECLAMACIÓN FEITA POLA PLATAFORMA EN  DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO A Plataforma en defensa do Ensino Público conformada por CCOO, FETE-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva congratulase coas manifestacións feitas o mércores en sede parlamentaria polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, nas que entre outros asuntos manifestaba o mantemento dos libros de texto para o vindeiro curso entendendo que "hai marxe para que os novos contidos poidan ser adaptados nas aulas". Desde a Plataforma en Defensa do Ensino  Público  iniciaramos una campaña para que os Consellos Escolares dos centros se manifestaran en contra do cambio dos manuais para o vindeiro curso na liña de que os cambios que se plantexaban coa implantación da LOMCE non repercutiran na xa de por si maltreita economía das familias. Convén lembrar que esta campaña  conta coa numer...