Bolsas de pícnic para as excursións
Neste trimestre todas as clases farán as excursións de fin de curso. Cando hai excursións nas que @s nen@s teñen que levar a comida, para @s que acoden normalmente a comedor a empresa Jardanay prepara unhas bolsas de pícnic e lévaas ao colexio pola mañá. O pícnic consiste nun bocadillo, peza de froita, lácteo, auga e algo doce.