Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA ELECCIÓNS ANTICIPADAS XUNTA DIRECTIVA. PERIODO 2024-2026


Presentámosvos adxunta a circular co calendario previsto para as diferentes fases da renovación, que rematará a mediados de novembro coa ratificación da nova directiva.

Todas aquelas persoas interesadas en participar deben cubrir o formulario de candidatura, que poden descargar nesta LIGAZÓN


Canta máis xente se apunte á directiva, mellor, xa que máis se poden dividir e organizar as múltiples tarefas que levamos a cabo.

Aos cargos mínimos (presidencia, vicepresidencia, secretaría e tesourería) pódenselles unir tantos vogais como sexa necesario, cada persoa realizando tarefas específicas (comedor, actividades, campamentos, relacións co colexio, redes sociais, etc).


Imos actuar de ligazón desde este mesmo momento entre as diferentes familias interesadas para poñervos en contacto e axudarvos a organizarvos para todos os trámites iniciais.


A modo informativo, nestes momentos traballamos con trámites en liña 100%. O manexo básico da ofimática dentro dalgún dos perfís das persoas candidatas fará moito máis sinxelo o traspaso. Usamos fundamentalmente as aplicacións de Google para toda a xestión diaria (Gmail para o correo, Drive para almacenar a documentación e Google Docs para xerar os documentos e follas de cálculo). A contabilidade levámola dentro da aplicación Ampasoft que o integra todo. Os trámites coas administracións facémolos sempre en liña usando o certificado dixital da asociación.


En calquera caso hai un histórico con toda a documentación do que se ven facendo e estaremos ao voso carón para axudarvos e acompañarvos nos primeiros meses de traballo.


Animámosvos a todos a dar o paso e colaborar neste proxecto incrible. Asegurámosvos que merece a pena. Cun pouco de esforzo individual pódense conseguir grandes cousas que nos benefician a todos e especialmente aos que máis nos importan, @s nos@s Milnen@s!


AVISO IMPORTANTE 

Se a 30 de setembro non se recibe un mínimo de 7 candidaturas, iniciaranse os trámites para a disolución da ANPA e a cancelación de todos os servizos asociados (madrugadores, comedor, actividades extraescolares, campamentos).

Publicacións populares deste blog

ABERTO PLAZO SOCIOS E SOCIAS 2024/25

Xa está aberta a aplicación para facerse socios e socias para o vindeiro curso!  Lembramos que é requisito para utilizar os servizos que prestamos.  E se non precisas ningún servizo pero *si queres* mellorías no cole...   Xa sabes, faite soci@!!

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

FESTA ENTROIDO 2024

O vindeiro venres 9 de febreiro teremos a festa do entroido no pavillón dos Rosais para todas as familias Milnen@s e veciños. Para as familias socias que fagan a solicitude da invitación a través da aplicación, a entrada será de 1€ por adulto e de 0,50€ para a cativada. Terán que ensinala na entrada do recinto. Se non se ensina e para familias non socias, o prezo será de 2€ por adulto e 1€ por neno ou nena. (É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón. Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto. Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón. Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo. Esperámosvos