Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

Colares de Zonchos

Imaxe
       Zoncho é unha palabra galega que designa ás castañas cocidas.     Na nosa cultura a vida e a morte sempre foron da man festexando a memoria dos que xa non están a través de rituais que nos conectan co noso pasado.     O día 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, a tradición en Galicia adquire un maiz especial coa celebración en honra aos defuntos. É aquí onde adquire protagonismo o colar de zonchos, a tradición cóntanos que cada unha dsas castañas comidas do colar representaba unha alma que fora liberada do purgatorio.     É unha tradición moi arraigada que acompaña ao Samaín e ao Magosto e que nos lembra a profunda conexión que temos en Galicia co noso pasado.     Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que fixeron os nosxs pequenxs de primaria cos seus marabillosos colares de zonchos.  

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S

Imaxe
  Prezadas familias: Informámosvos que, coma en anos anteriores, convocamos 6 axudas de comedor en colaboración con Jardanay para o curso 2024/2025. Agradecemos a vosa paciencia co pequeno retraso, debido ao prolongado proceso das bolsas municipais.  Podedes consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace:  Bases convocatoria bolsas comedor 2024-25 Calquer dúbida, suxerencia ou aclaración  estamos aquí para axudarvos! Grazas

20 Edición: Durme no forum

Imaxe
Atrévete a pasar unha finde  diferente!  🧑‍🧑‍🧒‍🧒 A quen vai dirixido: menos entre os 6 e os 11 anos. 🗓️ Do 30 de novembro ao 1 de decembro 📝 Inscricións: A partir de hoxe (xoves 7) ata o venres 8 de novembro ás 20:00*h.  🕢 Recepción de participantes o 30 de novembro ás 19h. Recollida o 1 de decembro ás 13h. 📍Forum Metropolitano 🎟️ 25€/participante inclúe cea e almorzo. ℹ️ Máis información e descarga de formulario de inscrición en:  https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/axenda-eventos/evento/20-edicion-durme-no-forum-forum-ao-reves/suceso/1453879416665?argIdioma=gl

Voluntariado para a confección de corazóns solidarios- AECC

Imaxe
  O cancro de mama é o tumor máis frecuente entre a poboación feminina . En España diagnostícanse cada ano 26000 novos casos, dos cales aproximadamente un 64% acaban sometidos a unha mastectomía.    O coxín de corazón é de suma importancia para aliviar o sufrimento de pacientes sometidas a cirurxía mamaria, especialmente naquelas pacientes que ademais se lles tivo que extirpar os ganglios linfáticos. O coxín ten forma de corazón, presenta unha fenda pronunciada para que se poida encaixar debaixo do brazo ao lado operado.     Beneficios do uso do coxín :   Impide que o brazo roce a ferida.   Sostén o brazo e os músculos do ombreiro .   Impide que o brazo se inflame por causa das glándulas linfáticas.   Permite durmir de noite , mesmo sobre o lado operado.   Diminúe a dor , en caso de tose e/ ou esbirro.   Por todos estes motivos desde a ANPA decidimos lanzar esta iniciativa solidaria.   O noso obxectivo ...

Samaín 🎃

 A nosa cativada puido gozar dun ambiente de Samaín terrorífico no noso comedor. Moitas grazas familias!!

📰 Avisos do cole

Imaxe
Boas familias!  Facémosvos chegar a información que nos traslada o cole: * O vindeiro día 31 de outubro e ademais o 4 de novembro non haberá clase. * A partir do luns 28 de outubro a rapazada poderá traer a sua cabaza para adornar o centro por Samaín. * A partir do martes día 5 de novembro é a quenda do tradicional colar de zonchos. * O día 8 de novembro celebrarase “ la vuelta al cole” * O día 15 de novembro teremos a visita do castañeiro. O alumnado traerá 1€ para o cucurucho de castañas. * E xa por último, vanse a celebrar eleccións para o Consello Escolar, na seguinte ligazón está a información para presentar  a candidatura. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/1624

🪧 AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS 🪧

Imaxe
  Dende a ANPA informámosvos que nos próximos días recibiredes un correo coa información sobre a entrega dos chándales que tiñades reservados. Estade atentos ás vosas bandeixas de entrada para non perder ningún detalle! Moitas grazas pola vosa colaboración!

🎶 Recital de ópera en Labañou 🎶

Imaxe
  Este venres 25 de outubro, temos o pracer de informarvos que nos convidan a un recital de ópera no salón de actos do Centro Cívico de Labañou.  Organizado pola Asociación de Amigos da Ópera dentro do Ciclo de Lírica Inclusiva, contaremos coa actuación da marabillosa Belén Vaquero. A entrada é de balde e o acceso será libre ata completar o aforo.  Non perdades esta ocasión de gozar da ópera no noso barrio!! Animádevos!  📆 Data: 25 outubro 🕒 19h 📍Lugar: Centro Cívico de Labañou 🎟️ Entrada de balde 

CONVOCATORIA ELECCIÓNS ANTICIPADAS XUNTA DIRECTIVA. PERIODO 2024-2026

Presentámosvos adxunta a circular co calendario previsto para as diferentes fases da renovación, que rematará a mediados de novembro coa ratificación da nova directiva. Circular calendario electoral 2024 Todas aquelas persoas interesadas en participar deben cubrir o formulario de candidatura, que poden descargar nesta LIGAZÓN Canta máis xente se apunte á directiva, mellor, xa que máis se poden dividir e organizar as múltiples tarefas que levamos a cabo. Aos cargos mínimos (presidencia, vicepresidencia, secretaría e tesourería) pódenselles unir tantos vogais como sexa necesario, cada persoa realizando tarefas específicas (comedor, actividades, campamentos, relacións co colexio, redes sociais, etc). Imos actuar de ligazón desde este mesmo momento entre as diferentes familias interesadas para poñervos en contacto e axudarvos a organizarvos para todos os trámites iniciais. A modo informativo, nestes momentos traballamos con trámites en liña 100%. O manexo básico da ofimática dentro dalgún...

ABERTO PLAZO SOCIOS E SOCIAS 2024/25

Xa está aberta a aplicación para facerse socios e socias para o vindeiro curso!  Lembramos que é requisito para utilizar os servizos que prestamos.  E se non precisas ningún servizo pero *si queres* mellorías no cole...   Xa sabes, faite soci@!!

APARELLOS DE LABRANZA

Imaxe
 Exposición no colexio de aparellos de labranza, feitos a man por Aquilino, un artesán que con as súas mans fixo todas estas marabillas.

LETRAS GALEGAS 2024

Imaxe
Coma cada ano toca vídeo especial polo día das LETRAS GALEGAS. Este ano, quixemos que os participantes foran persoas coñecidas e moi especias para o noso alumnado. Grazas a todas as familias que tan amablemente sacástedes un pedaciño do voso tempo para axudarnos. Grazas a Jana , a nai de Adriana e Alejandro por facelo posible. ¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Campamentos SEROCIO VERANO 2024

Imaxe
Fechas: Semanalmente (de luns a venres) do 25 de Xuño ao 31 de Agosto. (opción Setembro) Escolle a semana/as que necesites! Horario: Campamento: de 9:00 a 14:00 Madrugadores: desde las 7:45 Comedor: ata as 16:00 * Nalgunha sede haberá horario ampliado ata as 18:00 Sedes: - Ceip Alborada (a sede de María Pita non está disponible por obras con amianto, e por seguridad cambiamos a unha sede preto con espacios ao aire libre) - Calaparc Rosales (Local na plaza eliptica de Los Rosales) - Calaparc ARTY (en Panaderas) - Albergue de Santa Cruz - Ceip Zalaeta - Ceip Labaca - Centro Social Sagrada Familia - Colegio Santo Domingo FESD (Dominicos) - Ceip Cidade Vella - Ceip Labaca - Ceip Juana de Vega - Ceip Valle Inclán - Máis sedes próximamente según vaian confirmando as ANPAS IMPORTANTE: Se a túa sede non está, busca unha preto e despoja poderás facer o cambio sen problema Precio : Precio Semana: 69€ con opción a 20% de descuento. (ver abajo) Precio Día Suelto: 15€ Comedor: 6€ Madrugadores: 4€ ...

Comunicado ENKI

Despois dos problemas que se produciron estes días coa inscrición no campamento ENKI, o seu equipo envíanos o seguinte comunicado: Comunicado ENKI

Campamento ENKI

Imaxe
Xa están abertas as inscricións para o campamento no CEIP Emilia Pardo Bazán. Deixámosvos unhas instruccións: 1. Acceder á páxina web de Tok App Activities ( https://activities.tokapp.net/login ) ou descarga a aplicación móbil "TokApp School” dende a App Store (iOS) ou Google Play Store (Android). Podes atopar a ligazón de descarga na páxina web oficial do campamento ( https://www.enkiproyecto.com/campamentos-inclusivos/ ) 2. Cando sexa solicitado, introduce o código do centro: ENKI. Asegúrate de poñelo en maiúsculas. 3. Completa o formulario de inscrición coa información precisa. Lembra non compartir o código do centro con outras personas, xa que esta semana é de inscrición preferente para alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán. Isto ralentizaría o proceso de inscrición. O 6 de maio abrirase ao público xeral. Dossier do campamento con información completa e Manual de uso da aplicación de inscricións en https://www.enkiproyecto.com/campamentos-inclusivos/ apartado "Más informa...

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2024/2025

Imaxe
Proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. INSCRICIÓNS : Dende o 01/03/2024 ata o 20/03/2024 PÁXINA WEB: www.edu.xunta.gal CONTACTO : Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, R/ Vicente Ferrer, 2 1º andar. 15008 -A Coruña tel.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778 correo-e: inspeccion.coruna@edu.xunta.gal - Nos propios IES e CEIP

FESTA ENTROIDO 2024

Imaxe
O vindeiro venres 9 de febreiro teremos a festa do entroido no pavillón dos Rosais para todas as familias Milnen@s e veciños. Para as familias socias que fagan a solicitude da invitación a través da aplicación, a entrada será de 1€ por adulto e de 0,50€ para a cativada. Terán que ensinala na entrada do recinto. Se non se ensina e para familias non socias, o prezo será de 2€ por adulto e 1€ por neno ou nena. (É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón. Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto. Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón. Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo. Esperámosvos