Exposición Buxaiverso (O Universo das Buxainas)



Do 9 de ao 26 de Maio no Fórum Metropolitano de A Coruña, terá lugar a exposición Buxaiverso (O Universo onde se agochan as buxainas). Nesta exposición quixemos descubrir algún deses currunchos onde viven, sen que, ás veces, notemos a súa presencia: na pintura de distintas épocas, na literatura de tódolos tempos, na música, na filatelia, na ciencia, nos avións, nos barcos e na vida cotiá (na bicicleta, nos coches...) e por suposto tamén nos xogos.

Neste buxaiverso poderás ver buxainas de distintos tipos, materiais e procedencia...e incluso obxetos que aparentan ser buxainas pero que nono son.

Tamén aparecerán fotografías de buxainas e perinolas, nas que contarán as sús historias, só aos que se deixen levar pola maxia xiroscópica.

E para rematar, este Buxaiverso non podería ser tal se non apareceran as buxainas no seu estado ideal que é, bailando. E deso terás que encargarte tí, ainda que nós te botemos unha mán.



O sábado día 13 de Maio, de 12 a 14 horas, no mesmo lugar, celebraremos a BuxaiFest (Festa da Buxaina) co seguinte programa de actos:

De 12 a 13 h.-

- Xogos con buxainas e perinolas.

- Obradoiro de Buxaino-pintura

- Obradoiro de Lanzamento e dominio de buxaina.

De 13 a 14 horas:

- Presentación do Buxaiverso

- Actuación musical de Xiroscopic´s Band

- Maxia Perinólica a cargo do gran Mago Rufus.



Para realizar unha visita guiada ao Buxaiverso será necesario concertala (data e hora) previamente chamando ao tfno 654780779 (Luis Ramas)



Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S