Saltar ao contido principal

CAMPACOLES 2023

 


INFORMACIÓN CAMPACOLES VERÁN 2023


O VINDEIRO DÍA 22 DE MAIO ABREN AS INSCRICIÓNS


Trasladamos de forma literal a información que nos fan chegar dos campamentos de FEDAPAS para este verán

Un ano mais, a Federación Provincial de ANPAS vai poñer en marcha o seu programa CAMPACOLES, que baixo o formato de campamento urbán ofrece a posibilidade de manter unha cobertura horaria similar á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores​ (con ou sen almorzo)​ e comedor.

Adiantámosvos as principais características deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns​ 26​ de xuño ata o venres 28 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes.


QUENDAS 

Quenda 1: Do 26 ao 30 de xuño.

Quenda 2: Do ​3 ao 7 de xullo.

Quenda 3: Do 10 ao 14 de xullo.

Quenda 4: do 17 ao 21 de xullo.

Quenda 5: do 24 ao 28 de xullo.



SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.

Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h).



CENTROS SEDE

CEIP Alborada

CEIP Juan Fernández Latorre

CEIP María Barbeito

CEIP Manuel Murguía

CEIP San Francisco Javier

CEIP San Pedro de Visma

CEIP Torre de Hércules

CEIP Wenceslao Fernández Flórez



PRAZAS

45 prazas por sede (tres grupos).

A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.



DESTINATARIOS

Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 22/23.



ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A adxudicación de prazas farase do seguinte xeito:

1º. A adxudicación realizarase por sorteo, en función das dúas primeiras letras do primer apelido que resulten elexidas. A partir de ahí, ordenarase aos solicitantes alfabéticamente: apelido 1- apelido 2- nome.

2º. Poderá solicitarse ate 5 turnos por orden de preferencia, adxudicándose un máximo de 2 turnos con carácter ordinario.

3º. En caso de vacantes, poderase adxudicar os turnos restantes solicitados no caso de ter prazas vacantes e sempre por orden de preferencia. 


COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:CAMPACOLE: 20€.(*)
MADRUGADORES SEN ALMORZO: 10€.
MADRUGADORES CON ALMORZO: 18€.
COMEDOR: 28€.
SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (**)


*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 22/23.

**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2022/23 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”e “English Lab”).


Aínda non temos a canle para facer a inscrición, máis por outros anos foi a través da seguinte ligazón:

www.fedapascoruna.org/inscripciones INSCRICIÓN CAMPACOLES 

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.