Saltar ao contido principal

Partido Leyma Basquet Coruña 21/12/2022


 


Estimadas familias

Leyma Basquet Coruña xoga este mércores 21 de decembro un partido contra o Club Deportivo Estela de Cantabria, ás 20:00 horas.

Todas aquelas familias que queirades asistir ao partido de xeito gratuito, tedes que cubrir o formulario web que deixamos aquí, indicando o voso mail e o número de entradas que precisades (por favor, pedide con sentidiño): Solicitude de entradas para Basquet Coruña (google.com)

É OBRIGATORIO que cada persoa que acuda, peque ou maior, ten que levar un peluche, que o clube doará posteriormente a Cáritas (¡Lluvia de peluches en #OFornodeRiazor! | Noticias | Basquet Coruña (basquetcoruna.com))

Por cuestións organizativas só se terán en conta as peticións realizadas estrictamente a través do formulario , desde agora ata mañan día 20 ás 12:00 da mañán.

Animádevos!




Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.