Xa ule a Nadal!
Gustaríanos facervos unha proposta: que toda a cativada saque a súa vena artística e que aquelas nenas e nenos que queiran, traian unha bola de nadal ou adorno navideño (que poden decorar eles mesmos) e acercalo ao servizo de mañanceiros ou comedor a partir do vindeiro luns, para adornar con esas manualidades a árbore de Nadal que teremos dispoñible nese espacio.
Aquel alumnado que non acuda ao servizo pero queira igualmente colaborar coas súas creacións, por favor contactádenos para ver como podemos quedar para recoller os adornos.
Animádevos a participar! Esperamos as vosas creacións.