SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA




                               
 


Está aberto o prazo para solicitar libros ao BANCO DE LIBROS DA ANPA para o curso de 4º de primaria.
Comeza o 1 de setembro e remata o 5 de setembro.


Para o correcto rexistro das solicitudes precisamos que as solicitudes se envíen ao correo electrónico milnenos@gmail.com.

1-O asunto debe ser: SOLICITUDE DE BANCO DE LIBROS.
2-Hai que detallar os datos do alumno: Nome e apelidos e curso para o que se solicitan os libros (este curso só 4º de primaria)
3-Nome do titor responsable. No momento da entrega entregarase un documento onde figuran os libros que se prestan e o compromiso de devolvelos ao final do curso.
4-Listaxe de libros solicitados.


As bases para establecer a distribución de libros serán:

1-Repartiranse entre o alumnado non beneficiario co fondo de libros solicitado á Xunta.
2-Terán prioridade as familias que donen.
3-O resto do reparto dependerá da orde de solicitude.
4-Se sobraran libros despois desta distribución inicial, poderán ser entregados ás familias beneficiarias co fondo solidario, sempre que coincidan cos libros que faltan



Recordamos a todas as familias que queiran doar libros actualizados de 3º e 4º que se poñan en contacto connosco por correo.

Seguiremos admitindo durante todo o ano.


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S