CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR

 


Dende a Concelleria de Deportes da Coruña comunican que o día 12 de setembro abrirá o prazo para as inscricións de natación escolar na piscina de Riazor para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Son 30 prazas e se asignan por orde de inscrición, polo que rogamos apuredes nas solicitudes. 



Tedes que levar:


-A folla de inscrición cuberta. Descarga aquí Folla inscricionhttps://drive.google.com/file/d/13RfN4S40eCOkPuEEjNbFzTpI4PQ80toZ/view?usp=drivesdk 
-Fotocopia do DNI da crianza ou no seu defecto, do libro de familia
-Fotocopia dos DNI dos titores, nais ou pais. 

A cota íntegra de 53,47€ pódese pagar alí mesmo tanto en efectivo coma con tarxeta, e para poder acudir ao palacio de deportes de Riazor hai que pedir cita previa solicitándoa a a través de internet (Cita Previa (coruna.gal).

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S