BOLSAS DO COMEDOR MUNICIPAL 2021/22



Hoxe 02 de xullo de 2021 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, os listados de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022. Pódense consultar en:

- Taboleiro de edictos 
Os listados cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 5 ao 16 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010,citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S