Saltar ao contido principal

BOLSAS COMEDOR 2021/22



Hoxe 29 de xullo de 2021 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, os listados provisionais de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.Pódense consultar en:

-Taboleiro de edictos

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica;jsessionid=A7386C97F4239D7765902DD2303CE4A2?method=view&id=13754

- Taboleiros dos centros cívicos municipais

Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 30 de xullo ao 12 de agosto, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Publicacións populares deste blog

ABERTO PLAZO SOCIOS E SOCIAS 2024/25

Xa está aberta a aplicación para facerse socios e socias para o vindeiro curso!  Lembramos que é requisito para utilizar os servizos que prestamos.  E se non precisas ningún servizo pero *si queres* mellorías no cole...   Xa sabes, faite soci@!!

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

FESTA ENTROIDO 2024

O vindeiro venres 9 de febreiro teremos a festa do entroido no pavillón dos Rosais para todas as familias Milnen@s e veciños. Para as familias socias que fagan a solicitude da invitación a través da aplicación, a entrada será de 1€ por adulto e de 0,50€ para a cativada. Terán que ensinala na entrada do recinto. Se non se ensina e para familias non socias, o prezo será de 2€ por adulto e 1€ por neno ou nena. (É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón. Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto. Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón. Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo. Esperámosvos