Apertura de edicións do Curso Básico de Igualdade e Prevención das Violencias Machistas

Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña informámosche da apertura de novas edicións do curso básico “Igualdade e prevención das violencias machistas” do Pacto Social.
 
Este curso, dirixido ás persoas a título individual e ás empresas e entidades adheridas ao Pacto Social, procura sensibilizar sobre a importancia do papel activo que cada persoa pode desenvolver para a erradicación das violencias machistas na súa contorna. O curso básico ten unha duración de 4 horas, é gratuíto e de modalidade online. Ao finalizar o curso entregarase un diploma.
 
Na actualidade, as datas dispoñibles son as seguintes:
 
Curso básico en modalidade online

  • 5º edición: do 8 ao 28 de febreiro
  • 6º edición:  do 22 de febreiro ao 14 de marzo

Para solicitar a túa inscrición debes cubrir o formulario que atoparás na seguinte ligazón: FORMULARIO DE PRE-INSCRICIÓN

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S