Desde o ANPA Milnen @ s , facémosvos un pequeno resumo das actividades de final de curso que levamos a cabo tanto para as familias socias como para as familias que non son socias. Unha vez pasada a diversión das exhibicións de fin de curso das nosas actividades extraescolares, a última semana de curso é tempo de celebración de toda a comunidade escolar. Desde o ANPA realizamos a impresión das orlas tanto de 6º de EP , como de último ano de EI , para que cada neno dos devanditos cursos poida levar un recordo material do seu paso polo CEIP. Ademais, a festa de fin de curso que se celebrará durante toda a mañá do venres, corre tamén a cargo do ANPA, coa colaboración da empresa de lecer educativo Serocio . Teremos unha mañá chea de xogos, inchables, talleres e outras actividades de lecer, nas que participará todo o colexio. Finalmente, ese mesmo venres tamén en horario de mañá, terá lugar a gradación do alumnado de 6° de EP , un acto semi formal que contará a actuac...