Cociña nos coles: acto xoves 9 no Centro Cívico de Novo Mesoiro

Cociña nos coles é un grupo de veciños da cidade da Coruña pertencentes á PLATAFORMA POR UNHA ALIMENTACIÓN RESPONSABLE NA ESCOLA e preocupados pola próxima construción dun novo colexio público de educación infantil e Primaria no barrio de Novo Mesoiro (A Coruña) e que NON terá COCIÑA NIN COCIÑEIROS OU COCIÑEIRAS.

Actualmente son 10 os centros educativos da cidade da Coruña e da súa comarca con COCIÑA IN SITU E COCIÑEIROS/AS que participan, en colaboración co GDR Mariñas-Betanzos, nun proxecto de ECOCOMEDORES iniciado fai 3 anos e que comeza a replicarse en outras zonas da provincia da Coruña. Entre outras promove: o consumo diario de verdura de tempada, de proximidade e ecolóxica, favorecendo a economía local, o desenvolvemento rural e a vinculación entre a agricultura local e familias, ou o consumo de pescado fresco e de proximidade.

Pais e nais, mestres e mestras, colectivos veciñais, sindicatos, Anpas, cociñeiros e cociñeiras, ata alcaldes, comparten que a calidade do servizo de comedor está directamente ligada á compra de produtos de proximidade e ó cociñado in situ e non estamos dispostos a perder un dos nosos mellores logros como sociedade.

Precisamos obter apoios de todas aquelas entidades e persoas que pensan que un colexio sen cociña nin cociñeiros/as non é posible e por iso invitámosvos a acompañarnos no acto de presentación desta proposta que terá lugar o próximo xoves 9 de maio ás 16’30h no Centro Cívico de Novo Mesoiro na Coruña.

Tamén vos invitamos a asinar e difundir a nosa petición dirixida á Xunta de Galicia:
https://www.change.org/p/conseller%C3%ADa-de-educaci%C3%B3n-xunta-de-galicia-por-la-construcci%C3%B3n-de-un-nuevo-ceip-de-novo-mesoiro-a-coru%C3%B1a-con-cocina-y-cocineros





Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024