XV xornada de nais e pais, educar en igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

Xuntamos o programa das xornadas. Tamén contarán cun servizo de atención a menores  baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

Para intentar facilitar a asistencia ás familias, ó profesorado e o público en xeral, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:
  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
  • OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)
A Secretaría Xeral da Igualdade estará a vosa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312.

Achegase o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na páxina web http://igualdade.xunta.es/

Cartel interactivo
Programa
Solicitude 

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024