Saltar ao contido principal

Festas das ANPAS 25 de maio en Gandarío

Este ano toca a celebración da III FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA.
Será no albergue de Gandarío o 25 de maio.

Da información que remite Fedapas, mais ou menos a organización é como o ano pasado (non hai porque cambiar o que funcionou ben). O que sí queremos mellorar é a participación dos maiores, pretendemos facer unha xornada de convivencia entre os asociados das ANPAS, as xuntas directivas, AS FAMILIAS, unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, comer xuntos. Pedímosvos que interactuemos cos nosos fillos e fillas e cos monitores, que se encargarán de facer as actividades que vedes abaixo.

Este ano mantemos o torneo de futbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles.
Se participades no torneo de fútbol é preciso, por razóns de organización previa, enviade un correo a milnenos@gmail.com indicando o número de adultos e nenos participantes. Se non hai participantes, non habería esa actividade.

E como non, non pode faltar unha Foliada na que pode participar calquera que saiba tocar un instrumento e que estea disposto a tráelo para bailar todos unhas repichocas.
Se vos apetece traer e tocar un instrumento e bailar ao son da música enviade un correo a milnenos@gmail.com indicando o número de participantes.

INSTRUCCIÓNS PARA A INSCRICIÓN

A través de Aplicación do ANPA , NO APARTADO "OTROS SERVICIOS".
Prazo de inscrición: ata o 23 de abril
Deberedes inscribir a cada un dos vosos fillos que vaian a asistir, indicando se ides un ou dous titores.

Cartel da festa
Normas de funcionamento

PLANIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES:

10:00 – 10:45 : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.
11:00 – 14:00: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (POR ANPAS)
14:00 - 15:30: XANTAR
HORARIO DE TARDE:
15:30: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
FOLIADA
CAPOEIRA EN FAMILIA
TROTAMÚSICOS
XOGOS MUSICAIS – ZUMBA
E DEMAIS ACTIVIDADES QUE POIDAN XURDIR. SORPRESA!!!
17:30 – 18:00 FESTA DA ESCUMA
18:00: DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.