Cambio de Xunta Directiva
Onte, 24 de
abril, celebrouse a Asemblea Extraordinaria para ratificar o nomeamento da nova
directiva do ANPA. Os cargos quedan así:
- Eva González Souto - Presidenta
- Isaac Manuel González Gutiérrez - Vicepresidente
- Juan José Villar Freire - Secretario
- Montse López Lores - Tesoureira
- Catuxa Oviedo Pérez - Vogal
- Sara Caínzos Conca - Vogal
- Sira Aurora González Rodríguez - Vogal
Aos saíntes, grazas por todo. Sobran as palabras para agradecerlles as horas dedicadas sen máis beneficio que o traballo ben feito e o ben común.
Os membros novos
recibimos o listón moi alto e tentaremos polo menos continuar o gran labor que
realizaron durante 4 anos os nosos compañeiros. O nivel simplificación na
xestión conseguido polas anteriores directivas permitiranos dedicarnos a
continuar diversos proxectos que xa coñecedes. Esperamos ademais que algunha idea
nova póidase materializar tamén.
A modo de "
spoiler", unha das metas novas que nos plantexaremos o curso que vén será implicar máis a todas as
familias nas tarefas da asociación, pedirvos axuda en moitas cuestións do día a
día e tentar mellorar a participación e colaboración de todos. Xa vos chegará
información nos próximos meses.
Para todos
aqueles que non o lestes, volvemos poñer aquí un extracto dunha entrada recente
do blogue: 10 conclusións de 4 anos.
Grazas Pablo,
Marcelo, Ana e Jacinto. Seguiremos en contacto, porque vos queremos,
seguímosvos necesitando e porque xa estades anotados como colaboradores fixos,
sentímolo!