Saltar ao contido principal

Convocatoria e bases do concurso de disfraces e carteis para a festa do Entroido do ANPA Milnen@s

1.- O OBXECTO desta comunicación é establecer as bases da convocatoria do Concurso de disfraces con material reciclado e de carteis para a festa do “Entroido do Anpa Milnen@s”, festa que o Anpa organizará o venres 1 de MARZO, NO PAVILLÓN DE LABAÑOU-COCHERAS entre as 17:00 e as 20:00

AVISO IMPORTANTE:Debido a que este curso o noso número de nenos/as socios excede de 480 (e os aprox. 800 pais/nais) e o aforamento non chegará a tanto, non poderán participar familias non socias nin doutros centros educativos. Só participarán familias socios/as “de alta” antes de pechar o prazo para solicitar invitacións

2.- PARTICIPANTES:
No concurso de carteis, poderán participar en cada categoría de premio todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes.

No concurso de disfraces poderán participar todos os nenos e nenas socios que participen na festa do día 1

3.- REQUISITOS DOS CARTEIS E DOS DISFRACES:

3.1. CARTEIS
Tema: O Entroido
Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4
Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…)

Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ENTROIDO DO Anpa Milnenos do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN 2019”.

Cada participante poderá facer constar de forma diferente a dita lenda sen necesidade de reproducila textualmente ou na mesma orde.

Nos traballos presentados aparecerá o nome do alumno/a, idade e clase á que pertence

3.2. DISFRACES
Os disfraces de temática libre, deberán realizarse íntegramente con materiais reciclados

4. PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo de entrega dos traballos finalizará o xoves 14 de febreiro.

5. LUGAR DE PRESENTACIÓN:
Os carteis deberán presentarse no local do ANPA, no horario de apertura deste, ou na caixa de correos do local.

6.- XURADO:
O xurado estará composto por 3 persoas integrantes do equipo directivo do Anpa.

O Xurado valorará a orixinalidade dos traballos e a súa elaboración, sempre tendo en conta a idade dos autores.

A resolución do xurado darase a coñecer o venres 15 de febreiro e exporase o resultado no taboleiro de anuncios da Anpa e no seu blog.

8. CATEGORÍAS E PREMIOS:
Serán premiados dous carteis, un por cada categoría e un disfraz, este último de entre os presentes o día de celebración da festa.

As categorías no concurso de carteis son:
Categoría A1.- Alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria
Categoría A2.- Alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Os premios consistirán nun lote de material educativo e de artes plásticas para cada categoría do concurso de carteis e tamén para o concurso de disfraces.

Os carteis que obteñan o primeiro premio serán utilizados como póster promocional da festa do Entroido que organizará a ANPA Milnen@s.


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.