Saltar ao contido principal

ANCAS, Camiño Escolar Seguro

As  ANCAS poñen en marcha unha nova campaña de denuncia social, o #PeatonVigilante.

Animámosvos a sacar fotografías onde vehículos estean a ocupar espazos peonís e/ou presenten unha rega importante para os peóns co fin de concienciar a toda a cidadanía da importancia da mobilidade segura e sustentable. Para participar na campaña poderedes:

  • Compartir fotos en Facebook, engadindo o  Hashtag #PeatonVigilante
  • Enviala a ancasgalicia@stopaccidentes.org subirase de forma anónima.

Entre todos/ as faremos que as contornas escolares sexan lugares de encontro e convivencia para o alumnado e as súas familias!

Publicacións populares deste blog

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.

INSCRICIÓN NOVOS SOCIOS

O próximo xoves 14 de xullo  ábrense  as inscricións para novos socios á Anpa.. Tedes toda a información no apartado de  TRÁMITES do noso blog.