Xornada Confapa: Menores e o seu mundo dixital

Confapa informa da temática da xornada que leva por título "Menores e o seu Mundo Dixital" e que está organizada por CONFAPA-GALICIA para o vindeiro sábado día 1 de abril no Hotel NH da Coruñaseguindo o esquema que adiantamos: 
Na primeira parte intervirá da Asociación AtlaTics que falará de pautas e recomendacións no ámbito familiar e despois da pausa o punto de vista legal de Pintos&Salgado, despacho de avogados especialistas en dereito informático.O que pretende é que os pais/nais  escoiten de primeira man  que sí e que non poden/deben facer.
Está aberta a todos/as, non soamente ás xuntas directivas como en outras ocasións. Cada persoa interesada poderase inscribir na ligazón goo.gl/gmDmt1   ou chamando ao teléfono 981 20 20 02 . Prazo límite o venres día 31 de marzo e ata completar aforo.

              MENORES E O SEU MUNDO DIXITAL
09:30 - 10:00
Acreditación e Presentación
10:00 - 11:15

Santi Rey - AtlaTICs.
“Meu fillo é dixital…, E agora que fago?"”
11:15 - 11:45
Pausa/Descanso
11:45 - 13:00

Víctor Salgado - Avogado
“Privacidade nas Redes Sociais”
13:00 - 13:30
Mesa/coloquio
13:30 - 13:45
Clausura

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024