Saltar ao contido principal

Proceso de admisión: Información pais/nais

Como resumo para os pais/nais interesados no CEIP Emilia Pardo Bazán e que estean a última hora decidindo cal será a súa elección definitiva, deixámosvos o seguinte resumo de información con ligazóns de interese:

- Madrugadores: 7:30 a 9:00 (http://anpamilnenos.blogspot.com.es/p/comedor-e-madrugadores.html)
- Comedor: de 14:00 a 16:00 (http://anpamilnenos.blogspot.com.es/p/comedor-e-madrugadores.html)
- Información adicional do colexio: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/
- Cota anual do Anpa (15 euros)
- Cota actividades (12 euros/mes para actividades de 1 día - 16 euros/mes para actividades de 2 días)
- Actividades Extraescolares (AAEE): de 16:00 a 18:00
- Actualmente as seguintes AAEE ordinarias:
  1. Judo (infantil e primaria)
  2. Baloncesto (Iniciación, benjamín e alevín)
  3. Fútbol sala (Iniciación, benjamín e alevín)
  4. Esgrima
  5. Capoeira (infantil e primaria)
  6. Baile moderno
  7. Baile Galego
  8. Music & play (POE-Concello)
  9. Piscina (Concello)
  10. Robótica (Primaria)
  11. Xadrez (Primaria)
  12. Loita (Primaria)
  13. Patinaxe (Primaria, infantil e grupo de luns)
  14. Pintura
  15. Sonorama infantil (iniciación á música)
  16. Pandeireta
  17. Teatro
  18. Ximnasia (infantil e primaria)
  19. Balonmán
  20. Listen & speak
Actividades que non alcanzaron este curso o número mínimo de inscritos/as e que proporemos de novo o próximo ano) e outras que se proporán por primeira vez:
  1. Volei
  2. Ioga
  3. Coro
  4. Potenciación de idiomas 
Ademais....
- Campamento de Nadal e Campamento de Verán (máis de 60 inscritos/as na 2º edición)
- Festas de Magosto, Fin de curso, Entroido (500 participantes-100% do aforo na pasada edición)
- Financiamento coa axuda de entidades públicas e privadas do Teatro en inglés, do Programa de Piscina, etc

- Socios/as do Anpa: 426 e subindo! (aprox o 70% dos nenos/as do Colexio)

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.