9 de xuño: Xornada de comprensión lectora

FEDAPAS INFORMA

Dende a Biblioteca Municipal Ágora, poñémonos en contacto con vostedes, para informarlles, por si fora do seu interese,  da realización das xornadas de Comprensión Lectora que se celebrarán o vindeiro día 9 de Xuño de 2017, coincidindo coa presentación do novo centro de interese "LEOBEN":

unha colección de documentos localizada na sala infantil da Biblioteca Municipal Ágora que recolle documentos relacionados coa comprensión lectora e coas dificultades máis comúns detectadas na aprendizaxe da lectura. Está indicado para nenos e nenas con dificultades á hora de ler, para as familias e para aquelas organizacións, asociacións e entidades relacionadas con este tema. O centro de interese procura dar visibilidade e aportar normalidade ante problemas de comprensión lectora, tanto os motivados por diversos factores emocionais e madurativos como os  intrínsecos á persoa.   A biblioteca traballa en  colaboración coas persoas, familias, entidades e centros educativos da contorna, pois resultan fundamentais para detectar as necesidades e propoñer melloras.

Adxuntamos o programa provisional das Xornadas, nas que poderán inscribirse dende o 29 de maio de 2017. En próximos días sairá publicado na páxina web das Bibliotecas Municipais o programa definitivo: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0UU9hMmFrakVKRnpUZnNTNFVpVmVLajRuQkF3/view?usp=sharing

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S