Campamento de Nadal

Como xa sabedes comezou o prazo ordinario na aplicación para a inscrición en liña no campamento de Nadal de Fedapas co Anpa/CEIP Emilia Pardo Bazán.

Os inscritos en liña deberedes pasar polo local do ANPA para formalizar a inscrición atendendo ao seguinte:
  • Horario: 4 e 5 de decembro (9:00-9:30 e 16:00-17:00). 11,12,13 de decembro (9:00-9:30 y 16:00-16:30)
  • Documentación a entregar: formulario dispoñible no local
  • Facer o pagamento do servizo ou indicar que se pagará por transferencia

Período de campamento:
  • Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro

Prezos para TODO o período (separamos en 2 semanas a inscrición en liña por se fose de interese para permitir máis participantes pero cobrarase o mesmo asistindo unha semana ou as dúas):
  • 25 euros por actividades (10:00-14:00)
  • 20 euros por madrugadores con almorzo (8:00-10:00)
  • 10 euros por madrugadores sen almorzo (8:00-10:00)
  • 40 euros por comedor (14:00-15:30)

Formulario de FEDAPAS e información adicional

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024