CAMBIO DE EDIFICIO DESPOIS DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Despois das vacacións de Semana Santa inaugurarase por fin o novo edificio de infantil do colexio, onde tamén están o comedor e madrugadores. O colexio vai enviar unha circular explicando as novas entradas e saídas, pero na web podedes consultar xa os planos . As entradas e saídas das actividades extraescolares seguirán como ata agora.