CHEQUE DA SUBVENCIÓN DE COMEDOR
A Xunta vén de conceder unha subvención para o servizo de comedor correspondente ao curso 2013-2014. O día 24 pola mañá repartirase a carta para os beneficiarios. Os usuarios do servizo que teñades dereito ao cheque poderedes recollelo despois da Asamblea da ANPA ou os días 26 de febreiro (de 16:00 a 17:00), 2 e 5 de marzo no horario de apertura do local da ANPA e 3 e 5 de marzo (de 16:00 a 17:00).
En caso de non poder asistir nesas datas, poderá recoller o cheque unha persoa autorizada coa carta e unha fotocopia do voso DNI.