O CAMIÑO DA DIVERSIDADE é unha actividade educativa e de ocio organizada por INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) o día 25 de abril. A idea é compartir un día didáctico e de ocio entre todos aqueles que teñan puntos de interese con eles en Galicia ou que crean que na diversidade se encontra a riqueza. Para iso, realizarán unha etapa do Camiño de Santiago (do Piñeiro a Santiago de Compostela, uns 20 km) todos xuntos compartindo actividades e experiencias.
O obxectivo principal da marcha é chamar a atención á conciencia cidadá para respectar a diversidade de cada un, sen exclusión e fomentar a integración e o desenvolvemento digno das persoas por moi diferentes que sexan.
No Camiño acompañaranos persoas representativas do mundo da cultura e deporte galegos, así como diversas autoridades comprometidas con estes intereses.
Para iso teriades que apuntarvos no correo xenérico ingadainfo@gmail.com