Saltar ao contido principal

Volta ao cole

Comeza o cole... Lembrámosvos que a partir do 10 de setembro comezaron tanto as actividades extraescolares xestionadas pola Anpa como Comedor e Madrugadores. 


ACTIVIDADES
Todas as actividades extraescolares xestionadas pola Anpa (agás "Silencio, se rueda" e "Xogos tradicionais e de mesa") comezan a partir do primeiro día de cole, o 10 de setembro. Algunhas actividades non acadaron o número mínimo de inscricións para formar grupo, pero comezarán en setembro e quedan pendentes das novas inscricións para a súa continuidade en outubro.

As altas, baixas e modificacións hai que facelas antes do día 26 do mes anterior á actividade.

Polo momento hai prazas en todas as actividades agás na de cociña, onde hai lista de agarda.

Os días 11, 12, 18 e 19 de setembro as actividades que normalmente se realizan no pavillón terán lugar nas pistas exteriores, debido á utilización do pavillón para diferentes eventos deportivos.

As actividades municipais (POE e Xogos Ed. Inf.) comezarán no mes de outubro.

Estamos pendentes da oferta municipal de actividades para solicitar outra vez a actividade de natación; cando estea disponible avisarémosvos.

MADRUGADORES
O horario de atención a@s nen@s é de 7.30 a 9.00 da mañá. O horario de entrada no centro é de 7.30 a 8.30.

COMEDOR
Hai dúas quendas de saída: ás 15.25 ou de 15.45 a 16.00. Podedes indicarlle ao persoal en que horario preferides recoller @s nen@s.

Para calquera asunto relacionado con Comedor ou Madrugadores podedes poñervos en contacto coa Anpa, presencialmente ou por correo electrónico, ou coas oficinas de JardanayMenéndez Pelayo 12, 1ºIzda. A Coruña / Teléfono: 981 12 66 27 / fax: 981 120 805 (9:00 a 15:00 / 16:00 a 19:00). O teléfono da coordinadora (Carlota) é o 637 764 388. No apartado Comedor e madrugadores do blog tedes máis información. Lembrade que para calquera modificación, altas ou baixas hai que facelo antes do día 26 do mes anterior.

Para facer uso do servizo de forma esporádica, hai que avisar ao teléfono da coordinadora ou á oficina antes das 13:00 do día no que se vaia facer uso do comedor/madrugadores. Os pagamentos en principio son por domiciliación bancaria, a non ser que acordedes outro sistema coa empresa. 

O horario do local da Anpa é o mesmo do curso pasado: luns de 16 a 17 h., xoves de 9 a 10 h.

Feliz inicio de curso!

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.