Non estades seguros de se vos gustan...? Durante a última semana de setembro podedes probar, só tedes que avisarnos para dicírllelo aos monitores:
MANEXANDO TICS: (3º-6 º) As novas tecnoloxías "diarias": como se descargan fotografías? como edito unha montaxe audiovisual? como e en que condicións podo baixar música?. Luns de 16 a 17h.
INFORMÁTICA PARA PEQUENOS (ED. INFANTIL, 1º E 2º PRIMARIA); Venres de 16 a 17h.
MAXIA (3º-6 º): Aprendizaxe de técnicas e o manexo de cartas, cordas, moedas, aneis, etc. Xoves de 16 a 17h.
ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DE COMPLEMENTOS (todas as idades): Debuxo e pintura, manualidades, cartelería, decorados, vestiario... Martes e xoves de 17 a 18h.