Por suxestión dunha nai do colexio, a Anpa vai recoller sinaturas para solicitar ao Concello a presenza da Policía local diante do colexio na entrada e saída da xornada escolar.
O texto é o seguinte:
SOLICITUDE DE PRESENZA DA POLICÍA LOCAL NA ENTRADA E SAÍDA DA XORNADA ESCOLAR NO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN (A CORUÑA)
Os abaixo asinantes solicitamos a presenza diaria da Policía Local para regular o tráfico na entrada e na saída da xornada escolar diante do CEIP Emilia Pardo Bazán, do mesmo xeito que acoden a colexios concertados da zona, como os colexios Calasanz e Esclavas.
Se estades interesados, temos os impresos de recollida de firmas no local.