Saltar ao contido principal

Banco solidario de libros de texto

A Anpa Milnen@s vai poñer en marcha o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, cos libros que de xeito gratuíto nos entreguen os alumnos e as súas familias. 

Para iso pedímosvos que doedes os vosos libros desinteresadamente, mesmo se non necesitades outros novos. Lembrade que os libros teñen unha vixencia curta e probablemente pronto non se poderán reutilizar.

A recollida de libros farase no colexio os seguintes días:
-      Día 26 de xuño, dende as 10,00 h. ata as 13,00 h.
-      Día 27 de xuño, dende as 10,00 h. ata as 13,00 h.


Os libros que se poden entregar / solicitar son:
- 1º de Primaria: libros de lectura en castelán e galego
- 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria: libros de texto (agás aqueles nos que se escribe, como os de actividades de inglés) e libros de lectura (por exemplo, os da actividade de inglés).

Podedes entregar os libros vós mesmos ou pedirllo a alguén, xa que a bolsa levará o nome da familia que fai a doazón.

Temos un acordo coa Anpa do IES Salvador de Madariaga para enviarlles a listaxe de alumnos de 6º que fagan doazón dos seus libros no CEIP Emilia Pardo Bazán, de xeito que se beneficien do banco de libros do Instituto.

Lembrade que este ano as axudas para a adquisición de libros de texto non se poderán usar para outros materiais, polo que se recibides axudas debedes telo en conta ao solicitar os libros do banco. 

Esperamos que este sistema dea bo resultado, xa que o facemos de forma experimental ao ser o primeiro ano e coa nova normativa de axudas.

Animádevos a participar para chegar a tod@s!!

FUNCIONAMENTO DO BANCO SOLIDARIO DE LIBROS
1. As familias entregarán nunha bolsa pechada os libros dos seus fillos/as e o impreso de doazón cuberto.
2. Os impresos de doazón e solicitude poden descargarse na web, na pestana "Impresos".
3. Os libros deben estar en bo uso, de terceiro de primaria en adiante. Tamén podense recoller libros de lectura obrigada. Deben estar vixentes para o curso 2014-2015. Deben ser libros de texto nos que non se escriba.
4. A ANPA non pode garantir que os libros que se reciban estean no mesmo estado de conservación que os que se entreguen. Por favor, entregade os libros en bo estado.
5. Os libros entregaranse no Salón de Usos Múltiples. As datas de entrega dos libros serán o 26 e o 27 de xuño, de 10 a 13 h.
6. As familias entregarán ou enviarán a folla de solicitude por correo electrónico antes do 10 de xullo.
7. En xullo A ANPA comunicará ás familias por correo electrónico os libros que lles foron adxudicados.
8. Poderedes recollelos os días 4, 5, 8 e 9 de setembro, de 10 a 12 h.

Criterios de adxudicación: 
1. Familias cun maior número de libros vixentes doados. Por cada libro 1 punto.
2. Número de fillos. Por cada fillo 1 punto.
3. Socios da ANPA: 1 punto. 
4. O resto repartirase entre as familias que resten. Poderase solicitar o préstamo aínda que non puideran aportar libros. Repartiránselles en caso de que sobrara algún.

Necesitamos pais e nais voluntarios para axudar en todo o proceso. Se podedes botar unha man, contactade coa Anpa.

Grazas!



Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.