Saltar ao contido principal

Accesos durante as obras

Ante o inicio das obras de ampliación do CEIP Emilia Pardo Bazán hai unha nova organización dos espazos dispoñibles para o uso dos membros da comunidade educativa. As entradas e saídas ao centro do alumnado non terán cambio algún, realizándose tal e como se viñan facendo actualmente, se ben o espazo para os desprazamentos quedará reducido notablemente pola instalación dos valados de protección que delimitarán a zona de obras do resto das instalacións.
As pistas polideportivas inferiores, situadas ao carón do paseo marítimo quedarán inutilizadas durante o tempo de execución das obras de ampliación.
O acceso ás dependencias do Polideportivo Municipal de Los Rosales, realizarase ao través da porta situada na pista no recinto escolar fronte á entrada superior do citado polideportivo. Esto afectará ao movemento de alumnado nas sesións de Educación Física e tamén para as Actividades Extraescolares.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.