Blog da Anpa Milnen@s do CEIP Emilia Pardo Bazán (Os Rosais, A Coruña)
Vixencia dos libros de texto
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
No DOG do 30 de maio de 2013 publícase a ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares. Podedes vela nesta ligazón.
Prezadas familias: Informámosvos que, coma en anos anteriores, convocamos 6 axudas de comedor en colaboración con Jardanay para o curso 2024/2025. Agradecemos a vosa paciencia co pequeno retraso, debido ao prolongado proceso das bolsas municipais. Podedes consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace: Bases convocatoria bolsas comedor 2024-25 Calquer dúbida, suxerencia ou aclaración estamos aquí para axudarvos! Grazas
Atrévete a pasar unha finde diferente! 🧑🧑🧒🧒 A quen vai dirixido: menos entre os 6 e os 11 anos. 🗓️ Do 30 de novembro ao 1 de decembro 📝 Inscricións: A partir de hoxe (xoves 7) ata o venres 8 de novembro ás 20:00*h. 🕢 Recepción de participantes o 30 de novembro ás 19h. Recollida o 1 de decembro ás 13h. 📍Forum Metropolitano 🎟️ 25€/participante inclúe cea e almorzo. ℹ️ Máis información e descarga de formulario de inscrición en: https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/axenda-eventos/evento/20-edicion-durme-no-forum-forum-ao-reves/suceso/1453879416665?argIdioma=gl
Zoncho é unha palabra galega que designa ás castañas cocidas. Na nosa cultura a vida e a morte sempre foron da man festexando a memoria dos que xa non están a través de rituais que nos conectan co noso pasado. O día 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, a tradición en Galicia adquire un maiz especial coa celebración en honra aos defuntos. É aquí onde adquire protagonismo o colar de zonchos, a tradición cóntanos que cada unha dsas castañas comidas do colar representaba unha alma que fora liberada do purgatorio. É unha tradición moi arraigada que acompaña ao Samaín e ao Magosto e que nos lembra a profunda conexión que temos en Galicia co noso pasado. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que fixeron os nosxs pequenxs de primaria cos seus marabillosos colares de zonchos.