Saltar ao contido principal

Servizo de comedor e asemblea informativa

Ante as diferentes informacións que se están dando aos pais e nais do colexio, queremos informarvos da situación da empresa que presta o servizo de Madrugadores e Comedor no CEIP Emilia Pardo Bazán. 

O contrato con Scolarest, a empresa que presta estes servizos no colexio, finaliza este curso escolar, 2012-2013. A Xunta Directiva da ANPA decidiu non renovar automaticamente o contrato para o próximo curso, co fin de valorar e comparar diferentes ofertas. Para isto informámonos sobre outras empresas do sector que están dando servizo  a outros comedores escolares xestionados por ANPAS. Como condición indispensable para asinar o contrato, acordamos que a empresa que sexa elixida debe ofrecer a subrogación dos seus contratos a todo o persoal que traballa actualmente no comedor, e así se lles informou tanto aos traballadores como ás empresas.

Estudamos polo miúdo as ofertas, visitamos as instalacións, pedimos referencias a outros colexios que están traballando con distintas empresas, e tomamos a decisión de contratar o servizo para o curso próximo coa empresa JARDANAY, baseándonos sobre todo na calidade da oferta da comida, pero tamén noutros factores, como as facilidades para a xestión e organización dos servizos, a súa adaptación ás nosas necesidades , a participación nas actividades do colexio (magosto, excursións, fin de curso), etc. 

O contrato con JARDANAY será por un curso escolar. Durante este tempo a ANPA estará pendente do cumprimento das condicións e calidades contratadas. Cremos que a elección desta empresa será a mellor para @s nos@s fill@s, pero pedimos que nos fagades chegar as vosas suxestións e comentarios.

Aproveitamos esta circular para convocarvos a unha ASEMBLEA INFORMATIVA, onde se falará deste e doutros temas:

ASEMBLEA INFORMATIVA DA ANPA MILNENOS

DÍA:         Luns 3 de xuño de 2013
LUGAR:  Salón de Usos Múltiples do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán
HORA:    18:00 en primeira convocatoria
                18:15 en segunda convocatoria

ORDE DO DÍA:
1.- Información sobre xestións realizadas pola ANPA: comedor, chándal, actividades extraescolares, festa de fin de curso, creación do blogue.
2.- Información sobre temas pendentes e outros proxectos da ANPA.
3.- Rolda de intervencións.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.