Actividades extraescolares
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024/25
APERTURA INSCRICIÓN O 29 DE XULLO 2024
Información actividades 2024/2025
Procedemento de alta e baixa
Toda a información atópase no apartado de Trámites do blog.
Consulta do estado das inscricións
Os correos de confirmación das preinscricións ás veces non chegan. Para consultar o estado das inscricións tendes que acceder á aplicación do ANPA na ligazón https://anpamilnenos.ampasoft.net/login:- Ir ao apartado de presinscricións, en Asociados, Familias
- Premer o icono da lupa na parte da dereita
- Ir á pestana de Presincripción. Ahí teredes o estado de todas as preinscricións
Autorizacións de recollida e saídas solos
Os pais, nais e titores legais son autorizados por defecto, sen necesidade de autorización expresa.Cando a recollida non a realicen as persoas titoras que están cargadas na aplicación (por favor, revisade na aplicación que este dato esté actualizado e están engadidos todos/as os/as titores/as) poden autorizarse un máximo de dúas persoas para que realicen a recollida de forma habitual. Esta autorización debe facerse a través de este formulario:
Se xurde algún imprevisto e ningunha das persoas autorizadas pode recoller á crianza, debe chamarse á coordinación de actividades ao teléfono: 637764388 e indicar o nome e o DNI da persoa que recollerá, así como a crianza e a actividade. Este trámite debe intentar facerse antes do horario de comenzo de actividades (16:00h) na medida do posible.
Condicións
- O seguro e matrícula (17 euros) son obrigatorios, e será un único pago anual por alumno, independiente do número de actividades. A cobranza realizarase en novembro
- A cobranza das actividades será a mes vencido. Se é posible, agradecémosvos que os pagos se fagan por domiciliación bancaria, xa que as transferencias xérannos un traballo adicional importante. O pago en efectivo este curso non se admitirá en ningún caso.
- Os gastos derivados de non pagos atribuíbles ao titular da conta serán abonados por este.
- Os socios con non pagos non se beneficiarán do prezo reducido para socios nin das condicións especiais nas actividades que organiza o ANPA Milnen@s. Non se consideran "non pagos" os recibos non pagos debido ao envío tardío destes
- As altas do alumnado na actividade serán antes do día 26 do mes anterior a comenzar a actividade. Despois desta fecha non se darán altas.
- As baixas do alumno na actividade serán notificadas á ANPA Milnen@s antes do día 26 do mes anterior a causar a baixa. De non ser así pagarase a mensualidade.
- Os que se inscriban en actividades iniciado o curso empezarán na
actividade como mínimo a semán seguinte a inscribirse, para garantir que se
organizan os cambios de actividade correctamente e con tempo. O dereito a asistir adquírese coa recepción do correo confirmando a inscrición.
- Os intercambios nas actividades e comedor serán realizados polos monitores dacordo coas instrucións remitidas ás distintas entidades.
- O funcionamento das actividades extraescolares estará suxeito ás regras de réxime interno do centro.
- O cobro en setembro e xuño será proporcional
- Non se permitirán preinscricións antes do inicio das clases para comezar en outubro. A cobranza se fará incluíndo o mes de setembro aínda que o alumno non asista.