Saltar ao contido principal

Publicacións

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2024/2025

Proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. INSCRICIÓNS : Dende o 01/03/2024 ata o 20/03/2024 PÁXINA WEB: www.edu.xunta.gal CONTACTO : Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, R/ Vicente Ferrer, 2 1º andar. 15008 -A Coruña tel.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778 correo-e: inspeccion.coruna@edu.xunta.gal - Nos propios IES e CEIP
Publicacións recentes

FESTA ENTROIDO 2024

O vindeiro venres 9 de febreiro teremos a festa do entroido no pavillón dos Rosais para todas as familias Milnen@s e veciños. Para as familias socias que fagan a solicitude da invitación a través da aplicación, a entrada será de 1€ por adulto e de 0,50€ para a cativada. Terán que ensinala na entrada do recinto. Se non se ensina e para familias non socias, o prezo será de 2€ por adulto e 1€ por neno ou nena. (É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón. Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto. Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón. Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo. Esperámosvos

Actividades socio-culturales en los centros cívicos

Remitimos información sobre a convocatoria de actividades nos centros cívicos da cidade e máis en concreto sobre as actividades que se van a levar a cabo nos centros cívicos de Labañou e Rosales.    - Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Setembro 2023 - Centro cívico Rosais  - Centro cívico Labañou

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

AVISO A NOVAS FAMILIAS

   Xa está aberto o prazo para darse de alta como familias socias da ANPA. Entrando no blog de milnen@s no apartado de trámites  Trámites blog milne@s  Lembrade que é requisito indispensable para poder participar dos servizos de mañanceiros, comedor, extraescolares... E se non precisades destes servizos, é moi importante a vosa colaboración para poder seguir traballando nas melloras do cole.  Facédevos socias!!!!

FEIRA GALEGUÍZATE

Hoxe os nosos nenos e as nosas nenas presentaron os traballos que fixeron durante o curso relacionados co patrimonio material e inmaterial galego. Aquí vos deixamos unha mostra.

Solicitudes das bolsas para a compra de libros e de material escolar 2023/24

A Xunta abre este sábado o prazo de solicitude das bolsas para a compra de libros e de material escolar, que aumentan para axudar ás familias ante a inflació n As familias poderán presentar a documentación entre o 20 de maio e o 21 de xuño, preferiblemente por vía electrónica ou tamén no seu propio centro educativo Toda la información