Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

Colares de Zonchos

Imaxe
       Zoncho é unha palabra galega que designa ás castañas cocidas.     Na nosa cultura a vida e a morte sempre foron da man festexando a memoria dos que xa non están a través de rituais que nos conectan co noso pasado.     O día 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, a tradición en Galicia adquire un maiz especial coa celebración en honra aos defuntos. É aquí onde adquire protagonismo o colar de zonchos, a tradición cóntanos que cada unha dsas castañas comidas do colar representaba unha alma que fora liberada do purgatorio.     É unha tradición moi arraigada que acompaña ao Samaín e ao Magosto e que nos lembra a profunda conexión que temos en Galicia co noso pasado.     Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que fixeron os nosxs pequenxs de primaria cos seus marabillosos colares de zonchos.  

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S

Imaxe
  Prezadas familias: Informámosvos que, coma en anos anteriores, convocamos 6 axudas de comedor en colaboración con Jardanay para o curso 2024/2025. Agradecemos a vosa paciencia co pequeno retraso, debido ao prolongado proceso das bolsas municipais.  Podedes consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace:  Bases convocatoria bolsas comedor 2024-25 Calquer dúbida, suxerencia ou aclaración  estamos aquí para axudarvos! Grazas

20 Edición: Durme no forum

Imaxe
Atrévete a pasar unha finde  diferente!  🧑‍🧑‍🧒‍🧒 A quen vai dirixido: menos entre os 6 e os 11 anos. 🗓️ Do 30 de novembro ao 1 de decembro 📝 Inscricións: A partir de hoxe (xoves 7) ata o venres 8 de novembro ás 20:00*h.  🕢 Recepción de participantes o 30 de novembro ás 19h. Recollida o 1 de decembro ás 13h. 📍Forum Metropolitano 🎟️ 25€/participante inclúe cea e almorzo. ℹ️ Máis información e descarga de formulario de inscrición en:  https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/axenda-eventos/evento/20-edicion-durme-no-forum-forum-ao-reves/suceso/1453879416665?argIdioma=gl

Voluntariado para a confección de corazóns solidarios- AECC

Imaxe
  O cancro de mama é o tumor máis frecuente entre a poboación feminina . En España diagnostícanse cada ano 26000 novos casos, dos cales aproximadamente un 64% acaban sometidos a unha mastectomía.    O coxín de corazón é de suma importancia para aliviar o sufrimento de pacientes sometidas a cirurxía mamaria, especialmente naquelas pacientes que ademais se lles tivo que extirpar os ganglios linfáticos. O coxín ten forma de corazón, presenta unha fenda pronunciada para que se poida encaixar debaixo do brazo ao lado operado.     Beneficios do uso do coxín :   Impide que o brazo roce a ferida.   Sostén o brazo e os músculos do ombreiro .   Impide que o brazo se inflame por causa das glándulas linfáticas.   Permite durmir de noite , mesmo sobre o lado operado.   Diminúe a dor , en caso de tose e/ ou esbirro.   Por todos estes motivos desde a ANPA decidimos lanzar esta iniciativa solidaria.   O noso obxectivo ...