Do 9 de ao 26 de Maio no Fórum Metropolitano de A Coruña, terá lugar a exposición Buxaiverso (O Universo onde se agochan as buxainas). Nesta exposición quixemos descubrir algún deses currunchos onde viven, sen que, ás veces, notemos a súa presencia: na pintura de distintas épocas, na literatura de tódolos tempos, na música, na filatelia, na ciencia, nos avións, nos barcos e na vida cotiá (na bicicleta, nos coches...) e por suposto tamén nos xogos. Neste buxaiverso poderás ver buxainas de distintos tipos, materiais e procedencia...e incluso obxetos que aparentan ser buxainas pero que nono son. Tamén aparecerán fotografías de buxainas e perinolas, nas que contarán as sús historias, só aos que se deixen levar pola maxia xiroscópica. E para rematar, este Buxaiverso non podería ser tal se non apareceran as buxainas no seu estado ideal que é, bailando. E deso terás que encargarte tí, ainda que nós te botemos unha mán. O sábado día 13 de Maio, de 12 a 14 horas, no mesmo lugar, celebraremos...