Mañá xoves día 23 de febreiro desde Jardanay van conmemorar o nacemento de Rosalía De Castro, unha muller referente para a nosa terra e a nosa literatura, con varias actividades. Por unha banda, únense á iniciativa “Caldo de Gloria”, posta en marcha pola Fundacion Rosalía de Castro, que promove que establecementos de restauración, xa sexan restaurantes ou comedores colectivos, homenaxeen á autora servindo o caldo galego que ela mesma describiu no seu poema “Miña casiña meu lar”, incluído no libro Follas Novas. Trátase dun poema precioso, no que unha muller de poucos recursos narra un momento difícil da súa vida diaria, cando chega a casa con fame e frío e, a pesar de que non ten case nada para comer e de non poder contar con axuda dos seus veciños, consegue prepararse un humilde caldo de gloria e un bolo de pote que lle reconforta enormemente. Con algo tan sinxelo, Rosalía consegue reflectir como só ela sabe a capacidade do ser humano de sobrevivir e de ser feliz sen ter demasiado, ta...