Saltar ao contido principal

SORTEO LETRAS GALEGAS

Celebramos o día das letras galegas!

A ANPA @milnenos en colaboración con distintas editoriais galegas sortea varios lotes de libros en galego adaptados a infantil e primaria.

Para participar debes ser familia socia da ANPA e estar ao corrente dos pagos. Só se entregará un lote por unidade familiar.


 Segue estes pasos para participar no sorteo:
  •  Segue a nosa conta de Instagram @milnenos
  •  Segue a conta de Instagram do colexio @epbcole
  •  Sube un debuxo do colexio feito pola túa crianza e etiquétanos no mesmo.

Poderedes se queredes deixar os debuxos no buzón do local da ANPA e serán expostos nun mural nas instalacións de comedor/ mañanceiros, pero tedes que colgalos no instagram para poder participar. Todas as crianzas que queiran poden deixar os debuxos pero só os que estén subidos e etiquetados participarán no sorteo.

O prazo para participar rematará o domingo 15 de maio ás 23:59. O sorteo realizaráse a través dunha aplicación que elexirá de forma aleatoria ás familias gañadoras. Non se solicitan datos das persoas premiadas, se vos contactan en nome da nosa conta para solicitarvos datos, non os facilites e repórtaa para combatir o fraude.

Se non tes conta de IG, e queres participar, podes facelo a través da conta doutra persoa, non imos solicitar que sexas ti o titular da mesma.

Coma sempre, para calquera dúbida, consulta ou aclaración, aquí estamos.
Moita sorte!!














Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.