CICLOS PROMOCIÓN A LECTURA


Dende a biblioteca do EPB, presentan un ciclo de actividades de promoción da lectura dirixido ás familias do centro dentro do programa de "Lectura e familia"ano que este centro foi incluído. 

Estas actividades desenvolveranse nos espazos da biblioteca e comenzarán o próximo 31 de marzo con Cristina Novoa. A través de "Sobre lectura e crianzas. Claves e recursos" permitirá "estimular o gusto pola mediación lectora entre adultos responsables de nenas ou nenos, no contexto familiar, con aproveitamento dos recursos que o medio máis próximo facilita, como a propia biblioteca escolar, entre outros. 

Actividade dirixida a nais ou pais, avoas ou avós da comunidade educativa, con crianzas de infantil ou primaria, interesados no fenómeno da lectura e no seu papel de formadores dos pequenos lectores e lectoras."

A inscrición para esta primeira sesión realizarase a través deste  formulario.

O aforo é de 20 persoas, aquelas que desexen anotarse posteriormente entrarán nunha lista de espera que se activará no caso de que haxa algunha renuncia.





Publicacións populares deste blog

Colares de Zonchos

Novo aula de robótica grazas á colaboración de Indra

20 Edición: Durme no forum