COCLO DE CONVERSAS DO 8M



Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, convídannos a participar no ciclo de conversas que se desenvolverán no marco da campaña do 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”:
  • Luns 7 de marzo con María Montesino: “Construción social da identidade, imaxinarios sobre a vellez e historias de vida”.
  • Mércores 16 de marzo con Tiffany López e Zinthia Álvarez: “Arte e educación: referentes e diversidade étnico-racial para a transformación social”.
  • Luns 28 de marzo con Mara Jiménez(Croquetamente): “Corpos diversos: aceptación dos corpos e estabilidade emocional”.
A primeira conversa será con María Montesino (Licenciada en Socioloxía pola Universidade de País Vasco).
Terá lugar o luns, 7 de marzo, en horario de 19:00h a 20:30h, no salón de actos do Centro Cívico Os Mallos (Av. de Arteixo, 147). Prazas limitadas. Acceso por orde de chegada ata completar aforo.


Publicacións populares deste blog

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S

20 Edición: Durme no forum