DÍA DA PAZ

FELIZ DÍA DA PAZ



Fomentar a paz e a convivencia non é labor dun día, e por iso, desde a biblioteca realizarán esta próxima semana actividades que resulten motivadoras e fagan reflexionar ao alumnado sobre a importancia de coidar estes aspectos.

Este curso, con motivo do proxecto PDI Mergúllate! están a investigar sobre os mares e océanos, e queren  lembrar que cada ano rexístranse miles de traxedias no mar con persoas que foxen de conflitos desde os seus países tentando un futuro mellor.

Durante a próxima semana acudirán ao centro persoas que viviron en persoa estas traxedias, en primeira persoa ou como membros de organizacións que tratan de axudar a estas persoas que foxen dúas os seus países. A frase de Emilia Pardo Bazán segue acollendo a todos/ as na entrada da biblioteca "Detesto a violencia...", rexeitamos todos a violencia.



Un pouco de historia...

Dende o ano 1964, veuse conmemorando o Día Escolar da Paz e a Non Violencia ( DENYP), cada 30 de xaneiro. Elixiuse esta data en particular debido a que foi a data en que mataron a Mahatma Gandhi, líder nacionalista e espiritual da India. E a principal figura da resistencia pacífica no mundo.

Este día conmemoramos nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro.





Feliz semana e moita  paz familias!!


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S