Reclamación da vacinación do persoal non docente nos centros escolares públicos

Coma sempre, os 240 alumnos que asisten a actividades extraescolares e os 300 de comedor non parecen importarlle ás autoridades dentro das súas competencias. 

Agradeceríamos a máxima difusión para defender os nosos dereitos e a seguridade da nosa contorna educativa.

Reclamación á Consellería de Educación 

Descargar o PDF

Contestación da Consellería de Educación

Descargar o PDF

Reclamación á Consellería de Sanidade

Unha vez coñecimos a inclusión  dos traballadores nos Centros Escolares nos procesos de vacinación,  decatámonos con sorpresa, preocupación e tristura que,  unha vez máis, enténdese que o persoal que atende aos nosos fillos e fillas no tempo de xantar e de actividades extraescolares non son considerados "persoal esencial" pola Consellería de Educación. Isto significa que, a diferenza dos Centros concertados no que sí están sendo vacinados  como persoal non docente, os nosos educadores, porque esa é a denominación correcta, non son considerados persoal dos Centros malia estar de forma presencial co alumnado durante catro horas (só unha menos que o profesorado) desenvolvendo un traballo de servizos esenciais como é a atención no comedor, lembremos que con rapaces sen máscara, e nas actividades de tarde que forman parte do seu desenvolvemento motriz, intelectual, de socialización, sen deixar de mencionar a importancia que teñen de cara á facilitación da conciliación laboral das familias.

Se falamos de espazos seguros, non se pode entender que esa seguridade se plantexe exclusivamente no horario de mañá, pois entón non teremos acadado nada.

É por iso que solicitamos  da súa Consellería a inclusión no proceso de vacinación dos educadores de extraescolares e monitores de comedor contratados polas anpas ou as súas federacións, dando así uniformidade á vacinación de persoal non docente, sexa de colexios públicos ou de concertados, e garantindo en todo caso a seguridade das nosas fillas e fillos e a tranquilidade das súas familias.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S