Primeiro grazas a todos os que vos ofrecestes a axudar na nova directiva. Xa hai candidatos suficientes para garantir a continuidade do ANPA dous anos máis ! Por acordo da xunta directiva reunida o 23/02/2021, infórmase que o prazo de presentación de candidaturas amplíase ata o 5 de marzo. Aínda que non é un procedemento habitual, dadas as actuais circunstancias derivadas da alerta sanitaria, decídese por unanimidade ampliar o prazo se con iso conséguese evitar o trámite das votacións presenciais, dado que unha candidatura única permite a súa declaración directa a través dunha asemblea extraordinaria. O prazo ampliarase ata o 5 de marzo, quedando o resto de datas da seguinte forma: Do 8 de febreiro ao 5 de marzo : prazo de presentación de candidaturas. 6 de marzo: publicación da lista provisional 8 e 9 de marzo: prazo para presentar reclamacións. 10 de marzo: publicación da lista definitiva. Do 10 de marzo ao 2 de abril: campaña electoral (evítase se hai unha única candidatura integr...