Este ano toca a celebración da III FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA. Será no albergue de Gandarío o 25 de maio. Da información que remite Fedapas, mais ou menos a organización é como o ano pasado (non hai porque cambiar o que funcionou ben). O que sí queremos mellorar é a participación dos maiores, pretendemos facer unha xornada de convivencia entre os asociados das ANPAS, as xuntas directivas, AS FAMILIAS, unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, comer xuntos. Pedímosvos que interactuemos cos nosos fillos e fillas e cos monitores, que se encargarán de facer as actividades que vedes abaixo. Este ano mantemos o torneo de futbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles. Se participades no torneo de fútbol é preciso, por razóns de organización previa, enviade un correo a milnenos@gmail.com indicando o número de adultos e nenos participantes. Se non hai participantes, non ...