1.- O OBXECTO desta comunicación é establecer as bases da convocatoria do Concurso de disfraces con material reciclado e de carteis para a festa do “Entroido do Anpa Milnen@s”, festa que o Anpa organizará o venres 1 de MARZO, NO PAVILLÓN DE LABAÑOU-COCHERAS entre as 17:00 e as 20:00 AVISO IMPORTANTE :Debido a que este curso o noso número de nenos/as socios excede de 480 (e os aprox. 800 pais/nais) e o aforamento non chegará a tanto, non poderán participar familias non socias nin doutros centros educativos. Só participarán familias socios/as “de alta” antes de pechar o prazo para solicitar invitacións 2.- PARTICIPANTES: No concurso de carteis, poderán participar en cada categoría de premio todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións tot...