CONCURSO CARTEIS E DISFRACES 2017

CONVOCATORIA E BASES DO CONCURSO DE DISFRACES E DE CARTEIS PARA A FESTA DO ENTROIDO DO ANPA MILNEN@S DO 24 DE FEBREIRO DO 2017

1.- O OBXECTO desta comunicación é establecer as bases da convocatoria do Concurso de disfraces con material reciclado e de carteis para a festa do “Entroido do Anpa Milnen@s”, festa que o Anpa organizará o venres 24 de febreiro, no pavillón de Cocheras entre as 17:00 e as 20:00

AVISO IMPORTANTE: Debido a que este curso o noso número de nenos/as socios excede de 410 (e máis de 720 pais/nais) e o aforamento do pavillón é inferior a 500, non poderán participar familias non socias nin doutros centros educativos. Só participarán familias socios/as “de alta” antes de comezar o prazo para recoller as invitacións (16-23 de febreiro)

2.- PARTICIPANTES:
No concurso de carteis, poderán participar en cada categoría de premio todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes.

No concurso de disfraces poderán participar todos os nenos e nenas socios que participen na festa do día 24

3.- REQUISITOS DOS CARTEIS E DOS DISFRACES:
3.1. CARTEIS
Tema: O Entroido·        
Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4·        
Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…)·  
Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ENTROIDO DO Anpa Milnenos do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN 2017”.·   

Cada participante poderá facer constar de forma diferente a dita lenda sen necesidade de reproducila textualmente ou na mesma orde.·
Nos traballos presentados aparecerá o nome do alumno/a, idade e clase á que pertence.

3.2. DISFRACES
Os disfraces de temática libre, deberán realizarse íntegramente con materiais reciclados

4. PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de entrega dos traballos finalizará o venres día 10 de febreiro.

5. LUGAR DE PRESENTACIÓN: Os carteis deberán presentarse no local do ANPA, no horario de apertura deste, ou na caixa de correos do local.

6.- XURADO: O xurado estará composto por 3 persoas integrantes do equipo directivo do Anpa.

7. O Xurado valorará a orixinalidade dos traballos e a súa elaboración, sempre tendo en conta a idade dos autores.
A resolución do xurado darase a coñecer o luns 14 de febreiro  e exporase o resultado no taboleiro de anuncios da Anpa e no seu blog.

8. CATEGORÍAS E PREMIOS: serán premiados dous carteis, un por cada categoría e un disfraz, este último de entre os presentes o día de celebración da festa.
As categorías no concurso de carteis son:
Categoría A1.- Alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria
Categoría A2.- Alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Os premios consistirán nun lote de material educativo e de artes plásticas para cada categoría do concurso de carteis e tamén para o concurso de disfraces.

Os carteis que obteñan o primeiro premio serán utilizados como póster promocional da festa do Entroido que organizará a ANPA Milnen@s.

A Coruña, 13 de xaneiro do 2017


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S