Listen & speak. Información de inicio

Boas tardes,
O próximo martes 6 de outubro ás 16:00 comezará a actividade de Listen & speak para os curso de 3º e 4º de Primaria.

Formaranse dous grupos de acordo coas listaxes que se recollen no pdf adxunto. Cada grupo desenvolverá as súas actividades nunha aula do colexio azul:
- o grupo 1 na planta primeira (que non na planta baixa)
- o grupo 2 na planta segunda

A actividade de Listen & speak é unha actividade do concello co apoio da dirección do centro, pero como se integra no cadro de actividades global, remitiremos os listados correspondentes ao persoal de comedor e ao resto de entidades aos efectos dos traslados precisos.
Pola experiencia destas primeiras semanas estaremos atentos aos posibles incidentes, pero agradeceríamosvos que lles comentedes aos vosos fillos que inician unha actividade nova (sobre todos naqueles supostos nos que viñan asistindo a outra actividade como patinaxe (da que deberedes darvos de baixa se non queredes continuar e para que no vos xiremos novos cobros)

Para os cursos de 5º e 6º de Primaria non se pón en marcha a actividade porque hai só 9 inscritos. Tal e como indica o concello, mantense o prazo aberto para chegar a xuntar o mínimo preciso previa inscrición na web do concello

https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0ckF0TU5oS2RVd2c/view?usp=sharing

Publicacións populares deste blog

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S

20 Edición: Durme no forum